FREMAP pon a disposición das súas empresas asociadas un amplo catálogo de publicacións para a divulgación, educación e sensibilización en materia de Prevención de Riscos Laborais, no que se recollen os procesos e actividades que xeran os maiores perigos e indícanse os procedementos e pautas de traballo que deben aplicarse para evitalos.
Figuran neste catálogo carteis, dípticos, libros, manuais e trípticos de contido xeral ou relativo a sectores produtivos concretos e riscos específicos. Ademais, os títulos máis significativos dos manuais encóntranse tamén dispoñibles nos seguintes idiomas: catalán, éuscaro, galego, árabe, francés, inglés, portugués e romanés.