Modificación normativa en materia de exposición a axentes canceríxenos.
Real decreto 395/2022, do 24 de maio, polo que se modifica o Real decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo.
No artigo único deste real decreto procédese a modificar o anexo III do Real decreto 665/1997, do 12 de maio.
Engádense ao Anexo III, co seu correspondente valor límite, os seguintes axentes: cadmio e os seus compostos inorgánicos; berilio e compostos inorgánicos do berilio; ácido arsénico e os seus sales, así como compostos inorgánicos do arsénico; formaldehído; e 4,4′-metilenbis (2 cloroanilina).
Para todos eles inclúense os valores límite de exposición profesional da directiva, mantendose unicamente medidas transitorias para o cadmio e os seus compostos inorgánicos. Non se inclúen, en cambio, as medidas transitorias establecidas pola directiva para outros axentes, seguindo o criterio técnico do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.
Accede ao Real decreto aquí.
Siguenos tamén en
LinkedIn se queres que che manteñamos informado.
