Modificacións con respecto ao uso obrigatorio de máscaras
Foi publicado o Real decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19
No medio laboral, con carácter xeral e agás nas actividades que expresamente se indican na norma, non resultará preceptivo o uso de máscaras.
Non obstante, os responsables en materia de prevención de riscos laborais, de acordo coa correspondente avaliación de riscos do posto de traballo, poderán determinar as medidas preventivas axeitadas que deban implantarse no lugar de traballo ou en determinados espazos dos centros de traballo, incluído o posible uso de máscaras, se así se derivase da referida avaliación.
As modificacións establecidas neste Real decreto, non afectan ás Medidas “de prevención e hixiene” establecida no artigo 7 da Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID19 que, entre outras, fan referencia a:
a) Adoptar medidas de ventilación, limpeza e desinfección axeitada ás características e intensidade de uso dos centros de traballo, de acordo cos protocolos que se establezan en cada caso.
b) Pór a disposición dos traballadores auga e xabón, ou xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida, autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade para a limpeza de mans.
c) Adaptar as condicións de traballo, incluída a ordenación dos postos de traballo e a organización das quendas, así como o uso dos lugares comúns de xeito que se garanta o mantemento dunha distancia de seguridade interpersoal mínima de 1,5 metros entre os traballadores. Cando iso non sexa posible, deberá proporcionarse aos traballadores equipos de protección axeitada ao nivel de risco.
d) Adoptar medidas para evitar a coincidencia masiva de persoas, tanto traballadores como clientes ou usuarios, nos centros de traballo durante as franxas horarias de previsible maior afluencia.
e) Adoptar medidas para a reincorporación progresiva de forma presencial aos postos de traballo e a potenciación do uso do teletraballo cando pola natureza da actividade laboral sexa posible.
Acceso ao BOE aquí.
Siguenos tamén en
LinkedIn se queres que che manteñamos informado.
