Canle de Prevención FREMAP

Estás en:

Contido da páxina

Real decreto-lei 28/2020, do 22 de setembro, de traballo a distancia.

23 de setembro de 2020

Os aspectos máis salientables desta norma no que afecta ao traballo a distancia son:

  • Outorga ás persoas traballadoras a distancia os mesmos dereitos que as que exercen as súas actividades nos locais da empresa e fundaméntase na voluntariedade e requirirá a sinatura do acordo de traballo a distancia.
  • Contempla os principais dereitos da traballadora e do traballador a distancia, tales como o dereito ao aboamento e compensación de gastos. Ademais, a persoa que desenvolve traballo a distancia poderá flexibilizar o horario de prestación de servizos nos termos establecidos no acordo de traballo a distancia e a negociación colectiva.
  • Regúlase, así mesmo, o dereito ao rexistro horario e o dereito á prevención de riscos laborais, unha avaliación de riscos que deberá ter en conta os riscos característicos desta modalidade de traballo, en especial factores psicosociais, ergonómicos e organizativos. Serán obxecto de avaliación principalmente os aspectos preventivos relacionados coa fatiga física e mental, o uso de pantallas de visualización de datos e os riscos de illamento.
  • A utilización dos medios telemáticos e o control da prestación laboral mediante dispositivos automáticos garantirá dereito á intimidade e á protección de datos, así como o dereito á desconexión dixital fóra do seu horario de traballo.

Accede ás referencias a prevención de riscos laborais no resumo en formato PDFen pdfEsta ligazón abrirase nunha ventá emerxente.

Siguenos tamén en LinkedIn se queres que che manteñamos informado.

AXENDA

Outubro 2020
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Lenda de cores:
Cor de fondo dos días en que hai xornadas Xornadas, Cor de fondo dos días en que hai talleres Talleres e Cor de fondo dos días en que hai outros Outros.

Filtro de eventos por:
Ir ao inicio da páxina