Dentro da actividade preventiva que FREMAP desenvolve para as súas empresas asociadas, encóntrase a realización de coloquios e charlas explicativas cos traballadores.
Esta actividade, que ten lugar no propio posto de traballo, comprende a análise dos riscos inherentes ás tarefas do mesmo e a explicación ao traballador das medidas preventivas que se teñen que adoptar.
Esta actividade conta cunha gran aceptación entre os traballadores grazas ao seu alto grao de efectividade, derivado principalmente dos seguintes factores:
- Alto nivel de preparación e experiencia dos técnicos da FREMAP na realización deste tipo de actividade.
- Carácter eminentemente práctico da actividade, mediante o emprego dos medios e ferramentas de traballo habitual.
- Resultados de carácter inmediato e de fácil seguimento.
- Realización da actividade no propio posto de traballo.
- Desenvolvemento en pequenos grupos (de 4 a 5 traballadores), cun clima de traballo distendido e cun trato directo.
FREMAP pon a disposición das súas empresas asociadas unha selección de disposicións específicas de Prevención de Riscos Laborais, así como outras normas relativas a Medio Natural, Seguridade contra Incendios, Emerxencias, Seguridade Viaria, etc., que poden ter incidencia na Seguridade e Saúde no traballo.
Esta selección inclúe referencias de:
- A lexislación comunitaria, incluída no Diario Oficial da Unión Europea.
- A lexislación española, a partir do Boletín Oficial do Estado.
- A lexislación autonómica, publicada nos diferentes boletíns oficiais das mesmas.
FREMAP tamén ofrece a posibilidade de remitir esta información todos os meses por correo electrónico, a todas aquelas persoas que designen as empresas asociadas, previa subscrición ao Servizo de información de Prevención da FREMAP.