Conscientes das esixencias da normativa vixente en relación á integración da Prevención, desde FREMAP ponse a disposición das empresas, para os niveis sinalados, os seguintes seminarios dirixidos á información e concienciación en Prevención de Riscos Laborais:
- Seminarios sobre Sistemas de Xestión da Prevención. Cun enfoque moi práctico e adaptado ás necesidades específicas da empresa, contémplanse os aspectos máis importantes relativos á organización e xestión da Prevención, analizando os distintos modelos de referencia e en especial, a especificación OHSAS 18001.
- Seminarios específicos para mandos. Con programas adaptados aos riscos da empresa e ás funcións preventivas concretas dos asistentes, van dirixidos ao persoal que asume responsabilidades nas áreas de Recursos Humanos, Proxectos, Compras, Fabricación, Mantemento, etc.
Para facilitar a actualización técnica dos profesionais da Prevención, directivos e mandos, con periodicidade semestral convócanse ciclos de xornadas coas seguintes características:
- Temática específica con alto nivel de especialización, que abarca 85 títulos diferentes que afectan a Normativa, Organización e Xestión da Prevención (22), Seguridade (24), Hixiene Industrial (21), Ergonomía e Psicosocioloxía (18).
- Impartición das xornadas por técnicos da FREMAP especializados en cada tema e cunha ampla experiencia.
- Enfoque eminentemente práctico para a súa aplicación directa na actividade empresarial.
- Duración aproximada de tres horas por xornada, o que permite un tratamento profundo dos temas e facilita a participación dos asistentes.
- Convocatoria e inscrición por correo electrónico. A programación prevista para cada semestre comunícase a todos os subscritores do Servizo de información de Prevención da FREMAP , indicando título da xornada ou seminario, data de celebración da mesma, lugar e persoal ao que está dirixida.
O período de inscrición a cada xornada ábrese vinte días antes da súa celebración, facilitándose ao mesmo tempo aos usuarios do citado Servizo de información, o programa específico da actividade. A documentación da xornada proporciónase aos asistentes ao día seguinte da súa celebración.
Tanto as comunicacións como toda a información relativa a esta - que pode ser remitida a todas aquelas persoas que designen as empresas asociadas - distribúese a través do correo electrónico, previa subscrición ao mencionado Servizo .
FREMAP organiza talleres dirixidos a directivos, técnicos e mandos que requirisen especializarse en temas concretos relacionados coa integración da Prevención, considerando as súas funcións xerais no sistema de xestión da empresa.
Desenvólvense cun contido práctico a grupos reducidos, cunha duración de entre 15 e 20 horas. Na actualidade estanse desenvolvendo os seguintes temas:
- Análise, avaliación e deseño de medios de protección para seguridade das máquinas.
- Análise, avaliación e xestión dos riscos derivados de atmosferas explosivas.
- Auditoría interna dos Sistemas de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo.
- Implantación do OHSAS 18001: 2007, Sistemas de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo.
- Inspección de instalacións - ATEX.
- Manipulación de pacientes con mobilidade reducida.
- Ruído industrial.
- Selección e uso de equipos de protección individual.
Dentro do labor da FREMAP para o fomento da integración da Prevención nas súas empresas asociadas, encóntrase o desenvolvemento de campañas de divulgación e sensibilización adaptada ás necesidades específicas das mesmas.
Esta actividade, que se organiza nos centros de traballo das propias empresas, ten como finalidade corrixir ou mellorar determinados aspectos da actividade preventiva da empresa, en que se detectou algún tipo de deficiencia e sobre os que se considera necesario actuar.
A experiencia de FREMAP neste tipo de actividade, constata a idoneidade e eficacia da súa formulación, que teñen como características máis destacadas as seguintes:
- Capacidade total de adaptación ás necesidades de cada empresa.
- Alto nivel de preparación e experiencia dos técnicos da FREMAP na realización deste tipo de actividade.
- Rápida resposta ante as necesidades detectadas, grazas a un amplo catálogo de material divulgativo elaborado pola FREMAP, que comprende carteis , clips , dípticos , DVD , libros , manuais e trípticos de contido xeral ou relativo a sectores produtivos concretos e riscos específicos.